O servizo de transporte marítimo entre Ferrol e Mugardos comezará a funcionar de novo coincidindo coa Semana Santa. Segundo indicaron desde Fernández Cabana, a empresa responsable da liña, mañá haberá xa viaxes se o tempo acompaña.
A liña diaria entre Ferrol e Mugardos estará operativa, segundo as previsións da compañía, desde mañá ata o domingo 12 de abril, coincidindo coa Semana Santa, como foi habitual nos últimos tres anos. O servizo de transporte limítase na actualidade a estas datas e aos meses estivais, coincidindo aos períodos vacacionais e a afluencia de turistas á cidade.
Segundo explicou Francisco Fernández Cabana, propietario da firma, os horarios serán os mesmos que o pasado verán. Haberá viaxes regulares cada hora entre as once da mañá e as oito da tarde.
As saídas desde Ferrol serán ás horas en punto, mentres que desde Mugardos serán ás medias. Unicamente haberá unha interrupción, entre as tres e as catro da tarde. Segundo estes datos, xa que logo, realizaranse 16 traxectos diarios, oito en cada sentido.
En conxunto, isto suma máis de 140 viaxes durante toda a semana.
Sem comentários:
Enviar um comentário