4/23/2009

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares

que che parece?

R Cable Galicia prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR a preto de 1.500 fogares e locais empresariais de Mugardos. Cun investimento aproximado de 1,23 millóns de euros, R xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano e proximamente está previsto acometer as obras na urbanización Pazo das Condesas, unha vez obtidos os permisos necesarios para comezar a obra civil. Teranse despregado, entón, 3 quilómetros e medio de fibra óptica e uns dous e medio de canalizacións. Ademais instalarase unha cabina telefónica de R na rúa Rosalía de Castro (zona do parque) e outra na Avenida de Galicia esquina rúa Cotellón, para abrir por vez primeira en Mugardos o servizo da telefonía pública á libre competencia.
A posta en marcha do proxecto de R en Mugardos apoiouse na plena disposición e colaboración do concello desta localidade coruñesa que, dende o inicio, manifestou o seu interese por situar a súa poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitarlles aos seus cidadáns o acceso a todos os servizos da Sociedade da Información. O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, dixo que "como alcalde é unha satisfacción que os veciños e veciñas e as empresas de Mugardos poidan gozar dun servizo de telecomunicacións de última xeración e que sexa unha empresa galega e comprometida co país como R a que o leve adiante".

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares de Mugardos

Sem comentários: