4/27/2009

O Galicia de Mugardos ascende á Preferente Autonómica

Despois do ascenso, a por a Copa da Ría

O Galicia de Mugardos convertiuse na tarde de onte en equipo da Preferente Autonómica. O equipo logrou o sábado os 3 puntos ao gañar ao Meirás no campo da Pedreira. Onte o terceiro clasificado, O Val, empatou (1-1) na súa visita a Bertamiráns co que os mugardeses amarran a segunda praza que da dereito ao ascenso de categoría, cando faltan 2 partidos para o remate da competición oficial.

As evolucións do partido Bertamiráns – O Val seguíronse con especial interese desde a real vila mugardesa. Tamén os seguidores do Galicia de Mugardos B que xogaba onte a tarde en Maniños festexaron o empate de Ames que confirmaba o pasaporte para a categoría superior.
A totalidade dos equipos de Ferrolterra de Primeira e Segunda Autonómica transmitiron os seus parabéns ao club mugardés, que levaba varias tempadas intentando o ascenso.


O Galicia de Mugardos, afección incluída, que tras coñecer o seu ascenso matemático á Preferente Autonómica deu renda solta á celebración contida que se iniciou na cervecería Estrela Galicia de Mugardos e unha posterior cea no Mesón A Isla.

O presidente do club Domingo Martinez adiantou en Radiofusión a posibilidade de celebrar unha churrascada na data do sábado 9 de maio, coincidindo co último partido da Liga no que o Galicia recibe ao Orillamar. Deberá concretarse nos vindeiros dias, agardando pola autorización da Federación para adiantar o partido do domingo ao sábado.


O Mugardos ascende de xeito matemático á Preferente Autonómica

... Y el Galicia de Mugardos certificó su ascenso

Sem comentários: