O Concello de Mugardos celebrou o pasado luns no seu salón de plenos o acto de entrega do premio ao mellor escaparate do municipio. O xurado decidiu entregar este galardón por unanimidade ao establecemento Perfumería Inma , por ser o comercio cos mellores adornos.
Recibiu así un pequeno galardón como agasallo de Reyes anticipado. O xurado estivo integrado polo alcalde do Concello, a concelleira de Promoción Económica, a presidenta da Asociación de Amas de Casa, a presidenta da Asociación de Empresarios de Comercio e Hostalería e por un asesor técnico de escaparatismo. O Concello considera que con esta iniciativa, organizada este ano por primeira vez, incentívase o comercio local e contribúe a incrementar a súa calidade.
1 comentário:
Boa iniciativa.
(Estiven fedellando polo teu blog e teño que dicirche que a escolla musical que tés feita nel asinaríaa eu perfectamente)
Saúdos dende o interior
Enviar um comentário