O Galicia de Mugardos desperdiciou unha boa oportunidade para lograr a vitoria na súa visita a Padrón para medirse ao Flavia. O conxunto mugardés gozou das mellores ocasións da contenda, aínda que estivo moi romo no remate.
Logo dun primeiro tempo no que os pupilos de Cata combinaron mellor que o seu adversario chegouse ao descanso co empate inicial.
Aos tres minutos da continuación produciuse a xogada que marcou a contenda. Pablo Lorenzo foi derrubado na área e o colexiado decretou o penalti. Mario David encargouse de lanzalo e o esférico estrelouse no poste.
Pouco despois, un agasallo defensivo dos mugardeses colocou en vantaxe ao Flavia. O Mugardos intentou a igualada, pero non tivo sorte e o conxunto padronés sentenciou na recta final da contenda nunha acción de Ges, que non puido parar Javi.
Ao final do choque había decepción entre os compoñentes do conxunto de Cata, porque fixeron méritos para levar algo máis do campo padronés.
O Mugardos B lidera a clasificación da Segunda Autonómica de Ferrolterra despois de gañar na tarde de onte na Pedreira ao San Sadurniño por 3 a 0.
Diario de Ferrol
Blog de JoJú
voltaaria.com

Sem comentários:
Enviar um comentário