Estudo situado nun outeiro, na Graña, asomado á Ría de Ferrol
Opinión do Almirante retirado, Miguel Ángel Fernández y Fernández
O pasado ano secaron moitas árbores, legumes e plantas en Ferrolterra. Os paisanos estaban firmemente convencidos de que foi unha choiva aceda das Pontes, esa pluma pestilente que se ve sobre Ferrol e que, en ocasións foi detectada nas illas británicas. Quizais fose suficiente para evitalo con que na central das Pontes utilizasen os filtros correspondentes e regulamentarios.
Decátome de que a innombrable Reganosa, a planta de gas, facendo oídos xordos ás protestas cidadás, quere dobrar a súa produción e voar a canle de entrada á ría de Ferrol para que poidan entrar barcos aínda mais grandes, con máis carga sucia, con máis risco engadido a esta ría fermosa que converten, aos poucos, inexorablemente, impunemente, no vertedoiro de Galicia. Recentemente entrou un barco gasero para reparar cuxas dimensións eran maiores que tres campos de fútbol unidos en serie. Non se trata de ampliar o calado da rías, trátase de que non someterse a semellantes riscos, para iso debería estar o porto exterior.
Tamén me din que se baralla, aínda que non se quen "reparte" esas cartas, a idea de trasladar a planta de papel de Pontevedra, ao área de Ferrolterra.
Se había unha posibilidade de que coa posta en marcha da depuradora de residuos urbanos mellorase a calidade das augas da ría, que xa se renovan con máis dificultade que antes, como consecuencia do obstáculo que ofrece o enorme peirao de porto exterior que foi proxectado inicialmente, segundo teño entendido, para a metade das súas dimensións actuais, con esta noticia xa van quedando poucas esperanzas, de ver a ría limpa.
Por certo que fai xa moitos anos, tamén se tratou de instalar a Depuradora de augas residuais, inicialmente por políticos máis ben conservadores dentro da ría, na Graña e tivo lugar unha longa batalla para impedir ese desmán. Se é que non gañamos para sustos. Imaxino que sería demasiado pedir que os políticos deixen de darnos respostas alegando que estes investimentos son de carácter "estratéxico", palabra máxica hábilmente seleccionada para facer encoller o corazón dos pusilánimes.
Imaxino que sería demasiado pedir que os políticos pensen máis no interese dos cidadáns que nas ordes superiores do partido e que cumpran as leis e fagan que os grandes empresarios, bancos e caixas tamén a cumpran. Imaxino que, como case sempre nestes países onde se sofre unha férrea ditadura demócrata só pódense resolver estes problemas, lamentablemente a touro pasado, con manifestacións de cidadáns indignados ante os responsables políticos, que puidesen ser filmadas por xornalistas honestos e non sicarios de ningún poder.
E non imaxino, senón que teño a seguridade, de que unha protesta semellante afectaría aos votos dos políticos de quenda e obrigaríaos considerar que deben prestar atención a ese problema, que é como dicir ao dos seus votos.
En Chuza
1 comentário:
O Diario de Ferrol muda cada día o link... aquí deixote un link da nova
http://www.teoriza.com/cache/1882
en chuza
http://chuza.org/historia/reganosa-endesa-ence-por-miguel-fernandez-y-fernandez-ex-almirante/
Enviar um comentário