9/28/2009

Primeira vitoria do Galicia de Mugardos

Javi Prieto parándolle o penalti ao Mesón do Bento

A Pedreira foi testemuña na tarde de onte do primeiro triunfo do Galicia de Mugardos, nun partido disputado, moi igualado, e no que o temperán gol de Pablo Lorenzo no primeiro minuto terminouse antollando clave.
O encontro empezou do mellor xeito para os de Cata, e é que nada máis comezar o choque, nun córner botado polos locais, Lorenzo aproveitou un rexeite para bater de tiro cruzado a Jorge e adiantar aos locais.
A partir de aí, o partido discorreu de xeito favorable aos intereses do Galicia de Mugardos, que soubo impor a súa superioridade no centro do campo para dominar o partido ao seu antollo. As ocasións desaproveitadas sucedíanse, chegándose ao descanso co 1-0 favorable aos de casa.
A segunda parte non cambiou o escenario do choque. O Galicia mantiña o seu dominio ante un Mesón do Bento que, nun dos seus escasos achegamentos ao área rival, dispuxo dunha clara ocasión en forma de penalti, finalmente detido por Javi Prieto gardameta mugardés.
De aí ao final do partido non houbo máis accións de perigo por parte de ningún dos dous equipos, e o cadro verde puido finalmente celebrar a súa primeira vitoria neste titubeante arranque ligueiro.

O Galicia de Mugardos B, caeu estrepitosamente en Cedeira por 4-1


Diario de Ferrol

FUTBOL FERROLANO

Blog de JoJú

Sem comentários: