9/14/2009

¿Qué lle pasa ao Galicia de Mugardos?

Galicia de Mugardos Final da Copa 2008
Ao Galicia de Mugardos cústalle coller o ritmo á categoría. Recén ascendido á Rexional Preferente - Grupo Norte, o conxunto da Pedreira leva tres derrotas consecutivas pero o seu xogo alberga esperanzas. Será cuestión de tempo. Mentres tanto no club mugardés esperan que os 0 puntos e ser penúltimos da táboa non incidan notablemente na cuestión anímica do grupo. Onte o equipo xogou ben e dominou a situación pero o Xove Lago levouse o partido grazas a marcar un gol. Goles son amores e finalmente o fútbol defínese polo número de goles anotados a favor. No primeiro partido o Mugardos caeu ante o conxunto de As Pontes por 1 a 2. No segundo enfrentamento o equipo de Cata perdeu ante o Flavia de Padrón por 2 a 0 e no terceiro encontro de novo derrota ante o Xove Lago.

voltaria.com


O Galicia de Mugardos caeu pola súa falta de acerto


futbolferrolano.com



O Galicia de Mugardos B continúa de líder


O Galicia de Mugardor B segue na primeira posición da clasificación xeral na Segunda Autonómica de Ferrolterra despois de duas xornadas disputadas. O Mugardos B volveu a gañar onte ante o Valdoviño por 0 a 3, o mesmo resultado que sete días antes na Pedreira ante o San Sadurniño. O novo Mugardos B que dirixe Agustín Fernández leva 6 puntos e seis goles a favor por ningún en contra.


Sem comentários: