3/28/2010

Con moito esforzo sumou un punto o Mugardos ante o Castro


O equipo de Cata sumou un punto do seu empate ante o Castro na Pedreira. O partido rematou con empate a un gol. Costou moito marcar e os tantos chegaron na segunda metade. Comezou anotando o Castro co gol de Coedo no primeiro minuto. O gol do empate mugardés foi obra de Juan Jesús de penalti a falta de dous minutos para rematar o partido.

Ao final o Galicia de Mugardos segue no medio da táboa, concretamente no noveno posto con 42 puntos.

Sem comentários: