3/11/2010

Memoria dos escravos de Franco

Presos republicanos, durante a construción da Canle do Guadalquivir

Centenares de novos documentos evocan a vida dos presos nos campos de concentración da ditadura - O Tribunal de Contas cede os seus fondos a Cultura

Tereixa Constenla - Salamanca - 11/03/2010

A burocracia xustifícao todo por escrito. Tamén a ignominia e a miseria. "Vale por dous botes de leite para un evadido enfermo procedente do campo vermello, por prescrición do médico". O 23 de febreiro de 1938, o cabo de garda autorizou nunha nota manuscrita o extra alimenticio (¡dous botes de leite!) a un inimigo enfermo. Logo estampou o selo da Comandancia Militar de Fraga (Huesca). Mentres os españois matábanse entre si, a miseria e a ignominia avanzaban facendo estragos.
A nota dos botes de leite viaxou por un intrincado labirinto ata acabar no Tribunal de Contas. Igual que centenares de documentos similares. Vales onde se dá conta das latas de atún, sardiñas, "vaca axardinada", libras de chocolate, fabas, café ou marmelada que se distribuían a soldados e prisioneiros durante a Guerra Civil e a posguerra. É unha pequena memoria da miseria. Pero o Tribunal de Contas conserva tamén a gran memoria da ignominia: os movementos en 132 campos de concentración e 541 batallóns de prisioneiros forzados a traballar en obras militares ou civís tras ser apresados polo exército sublevado. Os seus integrantes foron a avanzada dos chamados "escravos de Franco" , que reconstruíron boa parte do destruído durante a Guerra Civil. [Ler máis]


agenciabarreiroforever.blogspot.com

Sem comentários: