Guillermo Pereira asegura o futuro do Club do Mar de Mugardos
Os socios inclináronse pola lista “alternativa” que dirixe o remeiro Guillermo Pereira. Os estatutos establecen que mañán remata o prazo para presentar alegacións á nova xunta directiva da entidade saída da última asamblea. Guillermo Pereira faise cargo dun club con moitas necesidades. A primeira a refundación. Coa nova directiva nace unha nova época para o Club do Mar e o que significa no tecido asociativo de Mugardos e da Comarca.
A nova directiva terá que transformar as estructuras do club, consolidar unha masa social dispersa, elaborar un plan deportivo e de tarefas no club e volver a concentrar aos remeiros mugardeses no novo proxecto da entidade. Outro dos aspectos que baralla a nova directiva é recuperar as escolas de remo, que tanta fama tiveron en Ferrolterra.
Radiofusión
Sem comentários:
Enviar um comentário