3/15/2010

“Xogamos ao fútbol directo con intensidade defensiva”

A Pedreira rexistrou un cheo para presenciar o derbi

O derbi entre o Mugardos e o Val rematou con vítoria valexa por 0 a 1. O gol foi obra de Fran Gordillo. Estaba claro que o primeiro que marcara levábase o partido. O encontro foi moi igualado apuntan os dous técnicos en Radiofusión. “Xogamos ao fútbol directo con intensidade defensiva” explica Cata, o adestrador do Mugardos. As poucas opcións foron en segundas xogadas despois dos rexeites e tamén en xogadas a balón parado, mera estratexia. Juancar indica que a situación do terreo de xogo e o forte vento desaconsellaba xogar ao “toque” e a combinación horizontal. Buscábase a eficacia ofensiva co fútbol directo e tamén non cometer erros de carácter defensivo que posibilitasen o primeiro gol do rival. Asi as cousas, o primeiro que “mollou” foi o Val co tanto de Fran Gordillo e aquí se acabou o partido.

O campo da Pedreira rexistrou un cheo importante. O ambiente era de “tarde futbolística”. Xa lle gustaria ao Racing ter o ambiente que se vivia na Pedreira. Entre 500 e 600 persoas achegáronse ao campo mugardés amosando, de novo, a potencialidade do fútbol comarcal. Na Malata tiñan que tomar nota.

Sem comentários: