3/01/2010

Máis do 21% dos gaseiros non poden arribar a Reganosa

LNG "Hispania Spirit" ao caron das vivendas de Mugardos

Xa son 13 os gaseiros con problemas na entrada

O LNG “Hispania Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para o pasado sábado 27 de febreiro. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando ata a tarde do domingo día 28.
Dos 61 gaseiros arribados a Reganosa, 13, ou sexa o 21,3 %, ou máis claro: 1 de cada 4,6, non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.
Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.
A unha planta perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.
Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos.

Comité Cidadán de Emerxencia

O viario de acceso a Langosteira obriga a modificar o gasoduto de Reganosa

Sem comentários: